Cincuenta

E camiño imos xa dos cincuenta días coas súas cincuenta noites!! As vodas de ouro do noso confinamento. Son filólogo, mais tiven que confirmar no dicionario cal é o numeral ordinal correspondente: quincuaxésimo, quincuaxésima. Que xa ten unha escrita e unha pronuncia que teñen o seu aquel. Ata estaría por apostar que é a primeira … Continúe lendo Cincuenta

Rei Felipe

-E por que non falas do Rei? Falaches de Casado, de Sánchez... -E para que? Que vou dicir? -Ah, non sei. Ti saberás. Non te atreves? -Bah, que non! Terma do cubata! A conversa-reto non foi así exactamente, mais si algo semellante. E aquí estou. A falar do Rei. Ou El-Rei como pomposamente podemos dicir … Continúe lendo Rei Felipe

Sen wifi

Hai días que nacen tortos de vez. Desde a primeira hora, nada máis se erguer. Un non sabe exactamente que mal fixo o día anterior para que o karma cho devolva así. En zapatillas e coas lagañas nos ollos, zas!!! Cos primeiros pasos e movementos que dás, zas!! Córtaste facendo a barba e parece que … Continúe lendo Sen wifi

Libros

Ao parecer nesta vida hai dous tipos de persoas parvas: as que deixan libros e as que os devolven. Se é así, daquela debo recoñecer orgullosamente que son parvo por partida dobre. Teño deixado libros e teño devolto libros que me emprestaran, e así seguirá sendo por moi rabudo que se poña o coronavirus. Non … Continúe lendo Libros