Respostas (II)

Seguimos autorrespondéndonos. Estas foron do 14 de abril... Pero exactamente que hai detrás de “patoloxías previas”? De canta “anterioridade” falamos? Prescriben as patoloxías? Posiblemente o grande eufemismo desta nova lingua coronavírica que se foi configurando co tempo. Boto en falta que houbese maior explicación ao respecto. Por momentos soou algo así a "tíñaa alí", "estaba … Continúe lendo Respostas (II)

Libertá, libertá!!

Moito me lembrei desta señora estes días e especialmente esta fin de semana. https://www.youtube.com/watch?v=nmXqNd4w6VE Lembrádela? 8 de febreiro de 2009, manifestación de Galicia Bilingüe polas rúas de Compostela. No elenco, Alfonso Rueda, Albert Rivera, Rosa Díez, Ana Pastor (a de Zamora), Corina Porro, Gloria Lago, como mestra de cerimonias, e centos de persoas anónimas como … Continúe lendo Libertá, libertá!!

Casa

E, finamente, 74 días despois pisei outro chan que non fose o da Coruña, aínda que fose igualmente coruñés. Respectáronse os límites provinciais, mais non así os da área sanitaria. Así tiña que ser. Na particular desescalada familiar foi o meu día. E volver á vila tivo todo o de reconfortante que se esperaba. Ver … Continúe lendo Casa

Eleccións

O día que as administracións de lotarías volveron abrir tivemos a confirmación da data exacta das eleccións: 12 de xullo. Galegos e vascas, vascos e galegas, a votar, seguramente, enmascarados e enmascaradas. Para ir botar a primitiva ou o euromillóns recoméndase ir co boleto preparado desde a casa e é fácil prever que unha norma … Continúe lendo Eleccións

Fase 1

Pois aí estamos, estreando a Fase 1 e perdendo cousas polo camiño. Mal comezamos, caramba! Eu principiei a semana perdendo un prefixo. Si, como oídes. E mira que non son de perder cousas, mais aló foi... Tamén é certo que cando non depende dun mesmo, as cousas máis que perdelas, déixanse de ter. Que é … Continúe lendo Fase 1