Blog

Peche

Corenta e cinco é un bo número e corenta e cinco son, sen contar esta que comezas a ler, as entradas que fun deixando neste blog. Así pois, esta é a cuadraxésimo sexta, pero, ademais, é a derradeira. Ata aquí chegamos, miñas donas e meus señores, que diría Blanco Campaña. Porque non é honesto ter…

Respostas (II)

Seguimos autorrespondéndonos. Estas foron do 14 de abril… Pero exactamente que hai detrás de “patoloxías previas”? De canta “anterioridade” falamos? Prescriben as patoloxías? Posiblemente o grande eufemismo desta nova lingua coronavírica que se foi configurando co tempo. Boto en falta que houbese maior explicación ao respecto. Por momentos soou algo así a “tíñaa alí”, “estaba…

Libertá, libertá!!

Moito me lembrei desta señora estes días e especialmente esta fin de semana. Lembrádela? 8 de febreiro de 2009, manifestación de Galicia Bilingüe polas rúas de Compostela. No elenco, Alfonso Rueda, Albert Rivera, Rosa Díez, Ana Pastor (a de Zamora), Corina Porro, Gloria Lago, como mestra de cerimonias, e centos de persoas anónimas como a…

Casa

E, finamente, 74 días despois pisei outro chan que non fose o da Coruña, aínda que fose igualmente coruñés. Respectáronse os límites provinciais, mais non así os da área sanitaria. Así tiña que ser. Na particular desescalada familiar foi o meu día. E volver á vila tivo todo o de reconfortante que se esperaba. Ver…

Respostas (I)

A ver, xente, que onte me chamaron a atención porque seica fago moitas preguntas, pero non dou resposta ningunha. Que digo eu que a idea era que cadaquén achegase as súas propias, para si mesmo ou mesma. Pero nada, fareino eu todo daquela. Rescato aquelas primeiras do 30 de marzo e a ver en que…

Eleccións

O día que as administracións de lotarías volveron abrir tivemos a confirmación da data exacta das eleccións: 12 de xullo. Galegos e vascas, vascos e galegas, a votar, seguramente, enmascarados e enmascaradas. Para ir botar a primitiva ou o euromillóns recoméndase ir co boleto preparado desde a casa e é fácil prever que unha norma…

Biblioteca

Cando decides estudar Filoloxía Galega non che din toda a verdade. Ocúltanche desde un principio un feito non menor. Vas enfermar. Si, ano tras ano, paulatinamente, os síntomas irán a máis e o mal acabará sendo crónico nos máis dos casos. Apenas coñezo a ninguén que zafase. Talvez como a doenza non ten nome ninguén…

Dicionarios

E nestas estamos e resulta que na Real Academia Española están que bailan na punta do pé porque no último mes o seu dicionario en liña alcanzou a cifra de 100 millóns de consultas. Que son moitas consultas do noso señor!! Parabéns! É unha boa nova para a filoloxía e os lexicógrafos. Ben puideron aproveitar…

Máscara si, máscara non

E agora o debate do momento é sobre o uso xeneralizado da máscara. Máscaras full time si ou non? Velaí a cuestión. Botas a vista atrás e nestes sesenta días o confinamento podería ir resumíndose nunha sucesión de debates (e debatiños) sobre os que cadaquén se tivo que ir (in)formando e nalgúns casos tomar e…

Once novas preguntas

E unhas cantas máis… Xa facemos 55!! Coñecestes algunha vez a alguén suxeito a maior exposición mediática que Fernando Simón? Non irá camiño de bater algunha marca de comparecencias seguidas a diario? Quen elixiu as cores, ou habería que dicir os tons da mesma cor, para representar as distintas fases no mapa de España? Visto…

Cargando…

Something went wrong. Please refresh the page and/or try again.


Sigue o blog

Isto non sei en que vai derivar nin que rumbo vai coller nin ata cando vai chegar. Ti verás se che compensa deixar o teu correo electrónico.