Once novas preguntas

E unhas cantas máis… Xa facemos 55!!

  • Coñecestes algunha vez a alguén suxeito a maior exposición mediática que Fernando Simón? Non irá camiño de bater algunha marca de comparecencias seguidas a diario?
  • Quen elixiu as cores, ou habería que dicir os tons da mesma cor, para representar as distintas fases no mapa de España?
  • Visto o visto coa rapazada a se formar a distancia, comeza a caer o mito dos nativos dixitais ou aínda non?
  • Por que parece que Gonzalo Caballero está a dar sempre un mitin? Só ten un rexistro cando fala? Tamén impartirá as clases así?
  • Que pasará cando abran as praias ao baño e tamén cadre cunha tarde de sol?
  • Alguén ten ganas realmente de ver fútbol?
  • En que fase está Albert Rivera?
  • E se damos pasos atrás e nos pilla coas eleccións convocadas outra vez, que facemos?
  • A xente que tira as máscaras ao chan en que familia dos súidos a incluímos? Constitúe unha nova especie? O Sus coronaviricus ou algo así?
  • Deixaremos morrer os aplausos das oito de morte morrida? (non sería xusto)
  • Xa vos pasou de ir ao súper sen ter que facer cola?

As primeiras, as segundas, as terceiras e as cuartas.

Deixar un comentario