Fase 1

Pois aí estamos, estreando a Fase 1 e perdendo cousas polo camiño. Mal comezamos, caramba! Eu principiei a semana perdendo un prefixo. Si, como oídes. E mira que non son de perder cousas, mais aló foi... Tamén é certo que cando non depende dun mesmo, as cousas máis que perdelas, déixanse de ter. Que é … Continúe lendo Fase 1

Irmáns no confinamento

Se nesta corentena tampouco te botaches a cantar desde o balcón nin che deu por enfornar pan. Se non creaches un TikTok nin fixeches curso en liña ningún. Se tampouco te lanzaches coma un toliño ou toliña a pintares mandalas (nin tampouco as paredes) nin che acordou visitar virtualmente un museo ou baixar ao rocho … Continúe lendo Irmáns no confinamento

Des-confinar, des-confinamento

A ver señores, señoras, mozos e mozas, atendede que isto que vos vou dicir é importante e o bo de Fernando Simón non volo vai contar. Non pode estar a todo. Xa bastante fai (e moi ben, por certo). As análises poden ser varias. Por exemplo: confín>confinar>des-confinar>des-confinamento confín>confinar>confinamento>des-confinamento Que temos? Pois un verbo e un … Continúe lendo Des-confinar, des-confinamento

Tarxeta

Non me recoñezo na miña tarxeta de crédito, no seu extracto refírome. Non parece meu. Se mo ensinan en febreiro diría que ma roubou un adolescente e o moi cabrón está comprando cromos no quiosco todos os días e un videoxogo no MediaMarkt cada semana. Lembro que no seu día, cando comecei a usala, aló … Continúe lendo Tarxeta

Pasear

Foi a pregunta da fin de semana: Xa saíches? Coma cando nun domingo electoral lle preguntas a un colega se xa foi votar para saber a que hora cae o vermú. Pois tal cal, simplemente que sen vermú, sen olivas e sen urnas. Mais, de facto, a cousa consistiu en exercer un dereito así recoñecido … Continúe lendo Pasear

Teletraballo

E a golpe de confinamento e a marchas forzadas a administración volveuse máis electrónica e a distancia ca nunca. E a cousa parece que marcha, pero daquela maneira... E non será polas horas que se lles están dedicando tanto os que están detrás das pantallas como os que están diante (o da docencia xa é … Continúe lendo Teletraballo

Cincuenta

E camiño imos xa dos cincuenta días coas súas cincuenta noites!! As vodas de ouro do noso confinamento. Son filólogo, mais tiven que confirmar no dicionario cal é o numeral ordinal correspondente: quincuaxésimo, quincuaxésima. Que xa ten unha escrita e unha pronuncia que teñen o seu aquel. Ata estaría por apostar que é a primeira … Continúe lendo Cincuenta

Rei Felipe

-E por que non falas do Rei? Falaches de Casado, de Sánchez... -E para que? Que vou dicir? -Ah, non sei. Ti saberás. Non te atreves? -Bah, que non! Terma do cubata! A conversa-reto non foi así exactamente, mais si algo semellante. E aquí estou. A falar do Rei. Ou El-Rei como pomposamente podemos dicir … Continúe lendo Rei Felipe